Como sabedes no noso corredor de Educación Infantil, temos un pequeno horto, pois...
agora ademais do horto imos traballar no invernadoiro do cole.
Polo de agora temos: 1 pemento, 1 tomate e 4 fabas.... proximamente levaremos as cabazas que xa están medrando.
¡ AH preciamos uns paos para que se poidan agarrar as fabas, se alguén tivera... sería de moita axuda!
SE QUEREDES COÑECER OS AMIGOS DE RUFINA... MIRADE DENTRO DO BLOG O APARTADO DE : ANIMACIÓN A LECTURA.
Mañá xoves imos de excursión o aeródromo de Santiago de Compostela, a volta xa vos contaremos a experiencia...
Hoxe mércores día 28 de Abril , Dorotea e Indalecio contáronnos a súa historia.
Esta gran historia ten coma protagonistas a dúas formigas moi golosas as que lles gusta moito o marmelo.
Dorotea soña con gañar o concurso de formigalia, máis esta vez quere intentalo co seu amigo e compañeiro Indalecio.
Ata a hora do concurso as dúas formigas pasaran o día xuntos e faranse cada vez máis amigos... xa sabedes...
Deixamos as fotos do conto para que poidades coñecer as nosas formigas.
No CEIP San Roque de Darbo en Cangas, estrean novo blog na etapa de Educación Infantil.
Ánimo profes!!! Nós seguiremosvós desde Reibón.
Gustounos moito as vosas fotos da festa da primavera.
O pasado xoves os nenos e nenas do cole puidemos disfrutar cun conto musical : A VIAXE DAS BOLBORETAS.
A escola de música deleitounos cun fantástico conto cheo de instrumentos e maxia.
A primavera xa chegou, os nenos e nenas do cole de Reibon estamos a facer un pequeno horto, coas nosas sementes.As diferentes sementes xa están na terra agora toca esperar é unha cuestión de abrir ven os ollos e de paciencia, polo de agora AÍNDA NADA...A volta das vacacións descubriremos se xa se ve algo, e como no conto tódolos días comprobaremos o que pasa no noso horto.
QUERES VER AS DIFERENTES EXPRESIÓNS DOS NENOS E NENAS DA CLASE????
HAI CARAS MOI MOI GRACIOSAS....
ADIVIÑA QUEN SON?
ADIVIÑA EN QUE ESTOU PENSANDO?
BUSCA NO BLOG... E ATOPARÁS...
A PATARRONA ESTE ENTROIDO ESTA DE VIAXE, ASÍ QUE DEIXOULLE INSTRUCCIÓNS A SÚA AMIGA RUFINA. NESTE ENTROIDO, A NOSA RUFINA INVÍTANOS A TODOS E TODAS A UN XOGO. MAÑÁ LUNS A NOSA RUFINA RÉTARANOS A DISFRAZARNOS, ESTADE MOI ATENTOS AS INSTRUCCIÓNS DO XOGO. DISFRAZARSE É BEN SINXELO.
O MARTES TEREMOS QUE IR Ó COLE VESTIDOS COAS CORES DA RECICLAXE: VERDE, AZUL E AMARELO.
O MÉRCORES POÑEREMOS ALGO NA CABEZA.
ANIMÁDEVOS A XOGAR.
IMOS COMEZAR UN XOGO SOBRE AS EMOCIÓNS, ESTA VEZ NON CON VEXETAIS ...
MIRA ALGUNHA DAS CARAS DOS NENOS E NENAS E ADIVIÑA QUE É O QUE ESTÁN A SENTIR.
BUSCA NO PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL.
ESTE ENTROIDO OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL IMOS DISFRAZARNOS DE SUPER HEROES DO RECICLAXE.
OS DE TRES ANOS IMOS DE
SUPER CARTÓN.
Hoxe os nenos e nenas da profe Ana fomos a biblioteca, e cal foi a sorpresa...
cando chegamos á biblioteca, atopamos a Rufina moi cargada.
A nosa Rufina tiña as dúas mans cheas, nunha man unha carta e un agasallo na outra.
SIIIIIIIIIIIII, OS CONTOS DE PRINCESAS CHEGARON A REIBÓN.
Un conto en galego: A PRINCESA QUE BOCEXABA A TODAS HORAS
Un conto en castelán: EL PEQUEÑO REY DE LAS FLORES.
O venres celebramos "O DIA DA PAZ" foi todo un éxito, xuntámonos todos e todas no pavillón do cole, fixemo entrega do cheque á representante de MEDICOS SEN FRONTEIRAS e disfrutamos todos xuntos do momento. Cantamos varias cancións e compartimos a experiencia.
Os máis pequenos abríamos moitos os ollos porque aínda que sabíamos o que ía pasar ... sorprendeunos tantos nenos e nenas xuntos.
XUNTOS, esa é a maxía de compartir de facer e de disfrutar a vida.
Máñá venres, día da PAZ, celebraremos un acto simbólico, onde farase entrega dos cartos recaudados ó representante de
Médicos sin fronteiras, para colaborar co desastre de HAITI.
LEMBRADE QUE TODA AXUDA É POUCA.
Mañá día 29 de xaneiro é o día da Paz, no cole imos celebralo todos xuntos.
Aínda que a PAZ é un concepto bastante abstracto para os nenos e nenas de Educación Infantil, trabállase nas aulas, na medida do posible.
No cole temos a tradición de celebralo cunha chocolatada, os nenos de 3 anos xuntarémonos cos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, así imos coñecéndonos e compartindo experiencias.
LEMBRADE!!!! O DÍA DA PAZ É TÓDOLOS DÍAS!!!!
Cambiemos as balas e as bombas tan destructivas por bicos e abrazos!!!!!
Despois dunhas merecidas vacacións todos e todas voltamos ó cole.
Temos moitas novas que contar sobre todo os agasallos que nalgúns casos os reis o noutros Papá Noel, deixaron moitas cousiñas: casa de mickey, cámara fotos, ordenador, libros....
UN MINI MUNDO PERDIDO
Os nenos e nenas de tres anos fixemos unha pequena composición de plantas para que os nosos animais teñan onden vivir.
Non podemos xogar todos o mesmo tempo máis cun pouco de paciencia e en pequenos grupiños o conseguiremos.
Animádevos a facer un vós na casa e moi sinxelo e divertido.
ANIMACIÓN Á LECTURA : A BIBLIOTECA DE RUFINA
Os nenos e nenos de tres anos do colexio de Reibón, temos un espazo onde escoitamos, vemos ou oimos os contos, está na biblioteca do cole, A BIBLIOTECA DE RUFINA.
Para os que non coñezades a RUFINA...
RUFINA é unha xirafa que sabe moito, moitísimo do mundo máxico dos contos e dos diferentes libros que podemos atopar no mundo.
RUFINA é moi dormilona e sempre está durmida, por eso sempre temos que falar baixiño, aínda que a profe di que un destes días vai espertar para contarnos un conto; mentres tanto alí tamén esta OLI, o axudante de RUFINA.
VISITA NA REIBONTECA
O Mércores 12 de Maio uns amigos de Rufina visitáronnos na reibonteca para contarnos uns contos. Olalla GONZÁLEZ e Marc Taeger, a rapaza contábanos a historia e o rapaz ía pintando a historia.
Así, os contos de Cocrodilo, Garavanciño e Carapuchiña vermella gustáronnos moitísimo.....
HOXE SOMOS NÓS OS PEQUENOS ESCRITORES
Hoxe Natalia non nos contou o conto, nós mesmos contamos cada un, un conto inventado no momento a partir dun xoguete elexido; Así escoitamos contos como:
-o lobo feroz ......David
-O elefante.........Claudia
-As pelotas que eran irmás......Aitor
-A tartaruga .............................Mara
-O coelliño ...............................Noa
-A ambulancia..........................Mateo
-O coche....................................Adriana
E moitos máis que se animaron a inventarse unha historia....
DESCUBRINDO A POESÍA
Os nenos e nenas de tres anos empezamos a leer pequenos libros de poesías.
Estamos moi interesados nestas pequenas rimas....
O DÍA DO LIBRO
O 23 DE ABRIL ... DÍA DO LIBRO!!!
Os nenos e nenas de Reibón celebramos este día tan especial , o cumpre anos dos libros cantándolles na biblioteca para felicitalos.
Oli, que é o que máis sabe de libros, case tanto coma RUFINA, contounos os anos que teñen os libros, son moi moi vellossssssss 400 anos!!!
Tamén contounos cal foi o primeiro libro que se escribiu: A BIBLIA.
XUNTOS EN REIBÓN
A escola de música contou e tocou un conto para os nenos e nenas máis pequenos no comedor de Reibón, máis esta vez tivemos invitados neste evento.
Os nenos do colexio de Seara, da escola infantil do Con e do Palomar acompañáronnos na escoita deste conto.
As personaxes do conto convertíronse en animais sonoros onde os diferentes instrumentos leváronnos por unha historia máxica.
O piano, o saxofón, a cortina, o trombón os platillos e os bongos convertíronse en insectos nunha gran viaxe.
Estivemos moi contentos ....
O remate do conto os nenos de tres anos da profe Vanesa aventuráronse a probar os instrumentos do escenario.
O CONTO : EL PEZ FERNANDO
FERNANDO É UN PEIXE DE COR LARANXA QUE ALUMEA BAIXO A AUGA DO PROFUNDO MAR.
¿QUE LLE PASOU A FERNANDO? ¿POR QUE ENTRISTECEU ESA MAÑÁ?
SE QUEREDES SABER A HISTORIA... XA SABEDES PREGUNTARLLELA ÓS NENOS E NENAS.
DESPOIS DE LER O CONTO FIXEMOS UN OBRADOIRO DE PINTURA, PARA PINTAR A NOSA HISTORIA.
DONDE VIVEN LOS MONSTRUOS
DONDE VIVEN LOS MONSTRUOS
Parece que este Nadal unha das película infantiles polas que se aposta é "
DONDE VIVEN LOS MONSTRUOS", este fillm está basado nun conto que baixo a miña experiencia nas aulas, sempre resultou ser un best seller.
Non sei cantas veces puiden contar este conto ós diferentes grupos de nenos e nenas que coñecín, tanto en galego como en castelá e sempre, e cando digo sempre é sen excepción algunha, encántoulles.
O protagonista é Max un rapaz algo traste que unha noite a súa nai castigao na súa habitación sen cear; A partir de aquí empeza unha historia excepcional.....
Non poido polo de agora recomendar a película, sin vela o que si poido recomendar e o conto.
Xa sabedes este Nadal parece unha idea interesante coñecer a Max e o seu mundo.
Eu irei o cine, para coñecer a versión cinematográfica e logo xa vos conto.
O DEBATE ESTÁ SERVIDO: CONTO OU PELI??
AQUÍ DEIXO O
TRAILER COMO PEQUENA MOSTRA.
IMOS A PSICOMOTRICIDADE
Tódolos mércores imos ó ximnasio, a facer ximnasia, aínda que Natalia chámalle unha palabra rara e dificil de pronunciar: psicomotricidade....
Temos que traer posto un chandal e uns tenis para estara cómodos e cómodas porque nos movemos moito.
Alí facemos moitos xogos e corremos moito, alí si se pode.
PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
Hai non moito tempo, celebramos no colexio o SAN MAHÍN e máis o HALLOWEN, trouxemos das nosas casa unhas cabazas.
Con esas cabazas fixemos unha exposición de todo o cole.
Había cabazas de moitos tipos e todas elas disfrazadas.
Xogabamos ás adiviñas con elas...
¿CÓMO ESTÁ ESTA CABAZA?
Triste, contenta, asustada, enfadadísimaaaaaaa
Rematamos coas cabazas máis agora somos nós os que xogamos as adiviñas coas nosas caras.
XA ESTÁ CHEGANDO O ENTROIDO
Aínda lembrando os regalos dos reis magos e así como se nada, xa temos que comezar a preparar o ENTROIDO...
Neste curso o proxecto colectivo do colexio é o coidado do noso entorno, así que nestas festas de troula e reivindicacións varias, non podemos esquecelo á hora de pensar os nosos disfraces.
Lembrade as tres "R" :
REDUCIR
RECICLAR
REUTILIZAR
IREMOS DISFRAZADOS DE... AÍNDA TEMOS QUE ESPERAR UN POUCO PARA DESCUBRIRLO.
XOGUETES PARA O NADAL
O
departamento de orientacion recomenda un listado de xoguetes para cada idade, así como recomendicións para escoller os xoguetes para este nadal.
CONTOS PARA NADAL
O departamento da biblioteca fai unha
recomendación dos libros e contos máis adecuados para cada idade.